InicioPolíticaA Federación de Asociacións Veciñais de Vigo denuncia "persecución" por parte do...

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo denuncia “persecución” por parte do PSOE

Segundo explicou a presidenta da Favec, María Pérez, esta entidade decidiu organizar un debate con todos os candidatos en vista do interese dos partidos por trasladar as súas propostas, e tamén para dar oportunidade aos veciños de expor as súas dúbidas ou demandas.

PUBLICADO O

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo (Favec) denunciou este luns a “persecución” que, afirma, sofre por parte do PSOE vigués, despois de que este partido presentase denuncia ante a Xunta Electoral de Zona pola celebración dun debate entre candidatos á Alcaldía olívica, e que foi organizado por esta entidade veciñal.

Segundo explicou a presidenta da Favec, María Pérez, esta entidade decidiu organizar un debate con todos os candidatos en vista do interese dos partidos por trasladar as súas propostas, e tamén para dar oportunidade aos veciños de expor as súas dúbidas ou demandas. Para ese debate, que terá lugar este martes ás 20,00 horas, se elegió como escenario o Centro Cultural Helios de Bembrive, “por cuestión de espazo”.

“A nosa sorpresa é que é PSOE de Vigo e, no seu nome, Jaime Aneiros, denunciou ao Centro Cultural por este debate. Parécenos dunha gravidade absoluta que se queira coartar a democracia participativa”, proclamou María Pérez.

Segundo incidiu, fanse outros debates “pero a quen denuncian é á Favec”. “Por que nos perseguen?, cuestionou, á vez que avanzou que os candidatos de PP, Marea, BNG e Cidadáns confirmaron a súa presenza no acto; non así o candidato á reelección, o socialista Abel Caballero, que “nin sequera contestou á invitación”.

Segundo a denuncia presentada polo PSOE, o debate que se celebrará en Bembrive “non foi autorizado pola Xunta Electoral” e non está confirmada a presenza de “todos” os candidatos, polo que pide que se inste á entidade veciñal a deixar de publicitalo.

O organismo electoral respondeu á demanda dos socialistas, resolvendo que carece de competencias “respecto do solicitado”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...