InicioSucesosDous feridos de bala durante unha pedida de man no Porriño

Dous feridos de bala durante unha pedida de man no Porriño

Ao redor da unha e media da madrugada, segundo indicaron fontes da Garda Civil, un mozo entrou nun local multiusos onde se estaba celebrando a festa e comezou a disparar ao teito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As forzas de seguridade buscan a un individuo, vinculado ao denominado ‘Clan dos Morones’, como suposto autor dos disparos que feriron a unha moza de 15 anos e un mozo de 18 que participaban nunha festa de pedida de man na localidade pontevedresa do Porriño.

Ao redor da unha  e media da madrugada un mozo entrou nun local multiusos no que se estaba celebrando a festa, na zona de Torneiros, e comezou a disparar ao teito.

Como consecuencia dos disparos producíronse varios rebotes e dúas balas feriron os mozos. A moza de 15 anos sufriu lesións na cara e tivo que ser trasladada ao hospital Povisa de Vigo. O mozo de 18 anos recibiu o impacto da bala no omóplato e está hospitalizado no centro Álvaro Cunqueiro, segundo indicaron fontes da Garda Civil a Europa Press.

Despois de realizar os disparos, o mozo saíu á rúa fuxindo nun automóbil, conducido por outra persoa, que o estaba esperando.

Segundo indicou a Garda Civil, está a buscarse ao fuxido nun coche de marca Seat Toledo. Aínda que de momento a investigación permanece aberta, barállase a hipótese de que os feitos poidan estar relacionados co conflito que manteñen os clans de etnia xitana dos galegos e os zamoranos.

ÚLTIMAS

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...

Críticas do PP e BNG de Vigo ao novo contrato do transporte urbano ao non incluír máis autobuses

O PP e o BNG de Vigo criticaron este martes o novo contrato do...

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...