InicioVigo e contornaVigoA Xunta vende en Vigo inversións millonarias en infraestruturas a dez días...

A Xunta vende en Vigo inversións millonarias en infraestruturas a dez días das eleccións

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinala o aumento dun 30% do seu investimento en obra pública e asegura que permitirá "xerar emprego e riqueza".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinalou o incremento dun 30 por cento do investimento da Xunta en obra pública respecto ao ano pasado e asegurou que permitirá “xerar emprego e riqueza”, así como favorecer a “mobilidade” e o “benestar” da cidadanía.

Así se pronunciou antes de participar nun encontro con empresarios este mércores en Vigo, onde detallou que, no que vai de ano, a Consellería que dirixe licitou 100 millóns de euros para actuacións relativas a infraestruturas dos 215 consignados para o 2019. Ademais, insistiu na importancia destas actuacións para a “modernización” e o “progreso” das empresas galegas.

En concreto, referiuse ao Corredor Atlántico, que definiu como unha actuación “prioritaria” para garantir a “competitividade” empresarial e a xeración de emprego. Neste sentido, Ethel Vázquez avanzou que, o próximo 12 de xuño, a Xunta participará en Bruxelas na primeira reunión do grupo de traballo que abordará os “proxectos necesarios” e relativos ao corredor ferroviario do noroeste da península.

Así, comprometeuse á defensa da conexión da cidade olívica co Porto a través do Corredor Atlántico, coñecida como saída sur, para mellorar a competitividade do Porto de Vigo. Así mesmo, a conselleira de Infraestruturas lembrou que o seu departamento impulsou a construción do centro de saúde de Bouzas, situado nesta zona homónima da cidade olívica.

Tamén sinalou a rehabilitación de varios centros educativos, entre eles tres situados en Vigo, Baiona e Cangas do Morrazo; que levará a cabo grazas ao Real Decreto-Lei para a reinversión do superávit.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...