O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, visitará este martes Galicia para facer campaña municipal arroupando ao candidato á alcaldía, Abel Caballero.
O xefe de filas dos socialistas desprazarase a Vigo para un encontro cos e coas militantes da cidade olívica. Con anterioridade tamén o fixo para as eleccións xerais do 28 de abril.
Na cidade olívica participará nun acto electoral no que tamén intervirán Gonzalo Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde e candidato á reelección, Abel Caballero.