InicioVigo e contornaVigoMarea de Vigo propón Vigo como "territorio antitaurino" e "libre de caza"

Marea de Vigo propón Vigo como “territorio antitaurino” e “libre de caza”

Tamén propón unha reforma de Vigozoo para que se acolla á iniciativa ZooXXI, unha proposta internacional para reconverter os zoolóxicos en espazos de refuxio de animais incautados en explotacións ou abandonados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo propuxo este venres que a cidade sera “territorio antitaurino”, “libre de caza” e que se permita viaxar ás mascotas no transporte público, ademais doutras medidas relacionadas co benestar animal.

Así o trasladou o candidato da formación á Alcaldía de Vigo, Rubén Pérez Correa, quen se reuniu este venres con representantes dos traballadores de Vigozoo, para trasladarlles as propostas de Marea e escoitar as súas suxestións.

O candidato, que estivo acompañado por outros membros da súa lista e polo coordinador de Libera e Fundación Franz Weber en Galicia, Rubén Pérez Sueiras, avogou porque Vigo sexa “unha cidade que facilite a vida cotiá ás persoas que teñen animais de compañía e non permita ningún tipo de malos tratos aos seres vivos“.

Por iso, esta formación propón, entre outras cousas, unha reforma de Vigozoo para que se acolla á iniciativa ZooXXI, unha proposta internacional para reconverter os zoolóxicos en espazos de refuxio, atención e asistencia a animais feridos, incautados en explotacións ou abandonados.

Tamén expón que os animais de compañía poidan viaxar en transporte público, como en moitas cidades de Europa; que se prohiban as corridas de touros e os circos con animais; ou a caza.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...