InicioSociedadeCríticas cruzadas entre Concello de Vigo e Xunta pola construcción dun instituto...

Críticas cruzadas entre Concello de Vigo e Xunta pola construcción dun instituto en Navia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia condicionou a firma dun convenio para a construción dun instituto no barrio vigués de Navia a que o Concello olívico ceda os terreos necesarios para iso. Nesta liña, resaltou que esta entidade “nunca” asinou un acordo destas características dun modo previo á cesión do espazo necesario para acometer as obras.

Tamén lembrou que, para executar esta acción, é imprescindible que o municipio tramite o plan parcial de Navia, o que, segundo o Goberno gallgo, supón que sexa da vontade do Concello da cidade olívica da que dependa a construción do centro educativo.

CRÍTICAS DO ALCALDE

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta un convenio asinado no que se comprometa a levar a cabo a construción do instituto como condición para cederlle os terreos necesarios para iso.

Nunha rolda de prensa celebrada na cidade olívica, Abel Caballero detallou que recibiu unha carta procedente do Executivo autonómico este luns na que se instaba ao Concello a ceder os terreos precisos para acometer as obras do centro educativo.

Con todo, o rexedor vigués asegurou que esta comunicación non compromete que a actuación se vaia a levar a cabo, polo que advertiu de que podería efectuarse a cesión dun espazo por parte do Consistorio no que, finalmente, non se executasen as obras prometidas.

Por esta razón, Caballero esixiu ao Goberno galego a remisión dun convenio asinado no que apareza reflectida a partida orzamentaria que se destinará a esta actuación e o compromiso do Executivo autonómico de levala a cabo.

ÚLTIMAS

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...

Policías portugues patrullarán conxuntamente coa policía española no Nadal de Vigo

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Alfonso Lago, deu a benvida aos dous axentes...

Desconvocada a concentración en Vigo do sector da perfumaría tras alcanzar preacordo sindicatos e patronal

Sindicatos desconvocaron a concentración prevista para este venres en Vigo no marco da folga...

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...