1. Modesto Pose (PSOE) –Malpica de Bergantiños, 1955–. Licenciado en Medicina e Inspector Médico en Pontevedra, foi senador por designación autonómica nas últimas lexislaturas.
2. Margarita Adrio (PSOE) –A Coruña, 1956–. Licenciada en Dereito e diplomada por Criminología, exerce como avogada e preside a Comisión Penal do Colexio de Avogados de Pontevedra. Ademais, forma parte da executiva local do PSOE en Pontevedra.
3. Daniel Chenlo (PSOE) –Caldas de Reis, 1953–. Mestre pola Escola de Maxisterio de Pontevedra, diplomado pola Universidade de Oviedo e Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Ten praza de profesor no IES de Valga. Actualmente ocupa a Secretaría Executiva de Organización do PSdeG.
4. Miguel Fidalgo (PP) –Vigo, 1971– é licenciado en Ciencias Empresariais e en Ciencias Económicas, e Máster en Dirección Domercial e Mercadotecnia. É concelleiro en Vigo desde 2007 e accedeu á Cámara Baixa por primeira vez nas eleccións de 2015.