InicioSociedadeO PP insiste co "enchufe" de Carmela Silva en campaña electoral

O PP insiste co “enchufe” de Carmela Silva en campaña electoral

Critica que Caballero teña na súa lista do 26M a Carmela Silva, que ve "inhabilitada" polo 'enchufe' da súa cuñada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro popular de Vigo Miguel Fidalgo criticou que o PSOE mantivese na súa lista para as eleccións municipais do 26 de maio á actual tenente de alcalde, Carmela Silva, ao considerar que debe estar “inhabilitada” pola sentenza que condenou a un funcionario do Concello por promover o ‘enchufe’ da cuñada da tamén presidenta da Deputación de Pontevedra nunha concesionaria municipal.

Nunha rolda de prensa celebrada este mércores en Vigo, o edil volveu a insistir en que Carmela Silva debe abandonar as súas responsabilidades políticas debido á sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Neste sentido, reprobou que o alcalde, Abel Caballero, incluíse á presidenta da Deputación de Pontevedra na lista do PSOE para as eleccións municipais como unha persoa da súa “máxima persoa de confianza”, ao reservarlle o posto número dous, en lugar de cesala.

Así mesmo, Miguel Fidalgo denunciou que, a pesar de ser condenado a cinco anos de cárcere, Francisco Javier G.O., o alto funcionario municipal involucrado no ‘enfuche’ da cuñada de Carmela Silva, continúe no seu posto.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...