InicioVigo e contornaVigoEn Marea pide o cese "fulminante" de Vázquez Almuíña polos "malos tratos"...

En Marea pide o cese “fulminante” de Vázquez Almuíña polos “malos tratos” aos profesionais sanitarios de Vigo

Villares insiste en que o contrato para acabar coa precariedade resultou unha "fraude".

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea volveu a pedir este mércores do “cesamento fulminante” do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e do xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, polos seus “malos tratos” aos profesionais sanitarios desta área. Así o manifestou o portavoz de En Marea, Luís Villares, en declaracións aos medios tras manter unha reunión na cidade olívica con representantes dos colectivos Médicas Precarias e PACs en Pé de Guerra.

Villares constatou os “malos tratos sanitarios” ao que a Xunta somete á cidadanía, que “incide especialmente” na área de Vigo, onde “o xerente ten ao seu persoal en situación de especial precariedade”. A este respecto, denunciou cuestións como “coaccións” na configuración das quendas de traballo, “imposición” de medidas sen acordo nin negociación, “xornadas abusivas”, ou vulneración de dereitos na xestión de excedencias, reducións de xornada e outras medidas de conciliación.

Segundo lembrou, despois de que Vázquez Almuíña e Rubial ignorasen a petición de En Marea de dimitir, agora procede esixir o seu “cesamento fulminante”, e criticou que os “malos tratos” á sanidade da área viguesa é “especialmente lesivo” nas condicións dos traballadores.

Por todo iso, o portavoz de En Marea preguntouse “que clase de servizo público presta a Xunta cando maltrata aos seus propios funcionarios”, e sinalou que “hai motivos máis que sobrados para a folga” que se convocou para os días 9, 10 e 11 de abril.

“FRAUDE”

Así mesmo, advertiu de que “o que se pretendía vender como un contrato para acabar coa precariedade” entre os profesionais sanitarios, non foi máis que unha “fraude” que reafirma a idea de que “aquí non hai futuro” e obriga aos mozos formados, que coñecen o país e aos seus pacientes, a ter que irse “fóra de Galicia”.

A falta de estabilidade laboral, denunciou, impide que haxa unha continuidade na asistencia aos pacientes, ou que se lles faga un seguimento adecuado. “Os pacientes non son números, nin códigos de barras”, proclamou, e lembrou que os traballadores da sanidade están “a pedir tempo para atendelos con dignidade”.

Finalmente, sinalou que o seu grupo levará ao Parlamento a próxima semana unha iniciativa para que a Xunta asuma as demandas deste colectivo, entre as que destacou que se destine un 25 por cento do orzamento de Sanidade á Atención Primaria, que se establezan contratos estables “con remuneracións dignas”, ou que se recupere a figura das áreas sanitarias con “capacidade funcional e orzamentaria”.

ÚLTIMAS

Aínda queda xente honesta: unha persoa acha unha bolsa con case 2.000 euros e entrégalla á Policía Local

A Policía Local devolveu ao seu lexítimo dono unha bolsa que contiña case 2.000 euros e...

Caballero pregunta a Louzán se a exclusión de Vigo do Mundial 2030 foi por “odio” ou por “instrucións de Rueda”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a acusar este mércores a Rafael Louzán,...

Deteñen por ameazas ao mozo que agredira a outro menor en Vigo en novembro

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmou a detención por ameazas, este...

Un menor agredido en Vigo leva días sen ir ao insituto e recibindo ameazas, denuncian os pais

Os pais dun menor que sufriu unha agresión hai varias semanas en Vigo denunciaron...