InicioSucesosDetido un vigués por tentar roubar nun local do que acababa de...

Detido un vigués por tentar roubar nun local do que acababa de ser despedido como cociñeiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 43 anos de idade, M.A.R.N., como presunto autor dunha tentativa de roubo con forza nun establecemento no que traballara como cociñeiro.

Segundo informaron fontes policiais os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando dúas testemuñas sorprenderon ao sospeitoso tentando entrar no local. Así, estes cidadáns circulaban en coche pola estrada de Camposancos, cando se decataron de que había unha persoa tentando entrar nese establecemento, e que tiña xa medio corpo metido nunha xanela.

Por iso, interceptárono e comezaron a forcexear con el, momento no que pasou unha patrulla da Policía Local, e comprobou que a xanela tiña signos de ser forzada, así como o enreixado de apertura principal. Os axentes viron unha cadeira colocada preto da xanela pola que quería entrar o sospeitoso, así como un garfo parrilleiro trinchante co que, supostamente, forzou dita xanela.

Alertada pola Policía, presentouse no lugar a propietaria do establecemento, quen confirmou que coñecía ao sospeitoso porque traballara alí como cociñeiro. Segundo explicou aos axentes, tiveran un problema laboral e rescindiulle o contrato o pasado mércores. A muller tamén confirmou que M.A.R.N. non ten permiso para acceder ao local fóra do horario de apertura, e que tampouco dispón de chaves do mesmo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...