InicioEconomíaNova Pescanova logrou en 2018 uns beneficios netos de 5,4 millóns de...

Nova Pescanova logrou en 2018 uns beneficios netos de 5,4 millóns de euros

A facturación foi de 1.008 millóns e alcanzou as 177.000 toneladas de produtos do mar comercializados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo Nova Pescanova pechou o exercicio de 2018 cun resultado neto de 5,4 millóns de euros (5,1 millóns máis que o ano anterior), e cifrou en 41 millóns os investimentos realizados.

Segundo informou a empresa nun comunicado, ademais de incrementar os seus beneficios, aumentou nun 5 por cento as toneladas de produtos do mar comercializados, e alcanzou as 177.000 toneladas.

No que respecta aos investimentos, o grupo Nova Pescanova a cifra en 41 millóns o exercicio pasado. Entre eses investimentos destacou a ampliación do 15 ao 45 por cento da súa participación na compañía Abad Overseas, que conta con tres plantas procesadoras de lagostino no sueste de India, e o acordo inclúe a comercialización progresiva do 100 % da produción desta empresa en 5 anos.

Así mesmo, entre os investimentos destacaron a constitución da compañía Katei Alimentación, que elabora comida xaponesa e preparada para as canles ‘retail’ e ‘food service’ en España, xunto coa empresa Kabuki. E, en terceiro lugar, referiu a compra da sociedade Unickfish en Sudáfrica, unha sociedade comercial de venda en ‘retail’.

Ademais, Nova Pescanova iniciou en 2018 a construción de novos barcos para renovar parte da súa frota, tres para a pesca de pescada en Namibia e catro para o lagostino en Mozambique. A iso súmase o comezo da construción do Pescanova Biomarine Center no Grove (Pontevedra), o maior centro de I+D+i de acuicultura de Europa; e a implantación en España dun novo sistema de información e xestión empresarial coa ferramenta SAP.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...