InicioCulturaTom Jones, o 'tigre de Gales', actuará en Castrelos o 23 de...

Tom Jones, o ‘tigre de Gales’, actuará en Castrelos o 23 de xullo

O 'tigre de Gales', Tom Jones, actuará o próximo 23 de xullo no auditorio de Castrelos, en Vigo, dentro da programación das festas de verán, segundo anunciou este venres en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ‘tigre de Gales’, Tom Jones, actuará o próximo 23 de xullo no auditorio de Castrelos, en Vigo, dentro da programación das festas de verán, segundo anunciou este venres en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Así, o rexedor olívico avanzou o que será o “primeiro gran concerto”, e o primeiro dos doce artistas que, segundo anunciou, actuarán na cidade en período estival.

As entradas para asistir ao concerto de Tom Jones, unha “lenda da música con maiúsculas” que volve a Vigo 42 anos despois (visitou a cidade en 1975), sairán proximamente á venda, a un prezo que oscilará entre os 5 e os 10 euros.

ÚLTIMAS

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...