InicioSociedadeAbel Caballero di que foi Feijóo o que ordeou ao PP vigués...

Abel Caballero di que foi Feijóo o que ordeou ao PP vigués marchar do Pleno dos Vigueses Distinguidos

Di que o PP marchou do pleno "porque llelo esixiu o señor Feijóo", xa que estaban ante a tesitura de "ter que apoiar aos profesionais da sanidade e aos xefes dimisionarios que defenden a sanidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, atribuíu a unha esixencia de Feijóo o abandono do Pleno dos Vigueses Distinguidos por parte do grupo municipal do PP, e afirmou que a saída dos concelleiros populares debeuse a que o seu líder desde Santiago non quería que apoiasen o recoñecemento aos profesionais da Sanidade Pública.

No pleno extraordinario deste venres aprobouse a designación dos Vigueses Distinguidos de 2019 (varios centros educativos; o pintor Diego Giráldez; Radio Taxi; o director da Coral Casablanca, Óscar Villar; tres entidades veciñais e culturais; e os ex xefes de Atención Primaria da área sanitaria), ademais da Medalla da Cidade, para o Consorcio da Zona Franca.

Para Caballero, o PP marchou do pleno “porque llelo esixiu o señor Feijóo”, xa que estaban ante a tesitura de “ter que apoiar aos profesionais da sanidade e aos xefes dimisionarios que defenden a sanidade”. “Feijóo prohibiulles terminantemente que apoiasen a estes profesionais como un templo”, denunciou o rexedor olívico, quen precisou que o recoñecemento de Vigueses Distinguidos é “para todos os profesionais sanitarios”, aínda que “se simboliza nos que dimitiron”.

Abel Caballero preguntouse “que pretendía o PP” e ironizou sobre o feito de que quizá os ‘populares’ preferisen que se premiou “ao conselleiro de Sanidade”, ou “que viñese Feijóo” a recoller a distinción.

Segundo o alcalde, o que o PP fai nos plenos de Vigo “é unha vergoña política” porque, no seu “concepto especial da democracia”, “se non están de acordo con algo, levántanse e vanse”. “Isto convértese nun hábito antidemocrático, e todo por obedecer a Feijóo”, sentenciou.

Así mesmo, recalcou que a “dependencia política” do PP vigués con respecto a Santiago é “total” porque “se non, non van nas listas”, por iso están “sempre ao lado de Santiago, e nunca de Vigo”.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...