InicioSucesosSalvamento rescata a dous tripulantes dunha embarcación pequena que sufriu unha vía...

Salvamento rescata a dous tripulantes dunha embarcación pequena que sufriu unha vía de auga en Cangas

PUBLICADO O

Salvamento Marítimo rescatou na noite do luns a dúas persoas que navegaban na costa de Cangas do Morrazo (Pontevedra) nunha embarcación de pequenas dimensións que sufriu unha vía de auga.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, un dos tripulantes chamou ás 22,00 horas do luns á central de emerxencias para solicitar axuda, xa que a súa embarcación estaba a se alagar cando tentaban amarrar o barco a unha batea situada nas inmediacións do Faro da Borneira, a un quilómetro da costa.

O 112 puxo o caso en coñecemento de Salvamento Marítimo, que se encargou da coordinación do rescate. Un dos tripulantes foi posto salvo pola embarcación Salvamar Mirach, mentres que o seu compañeiro foi axudado por un barco que se atopaba nas inmediacións.

No operativo tamén participaron membros da Garda Civil e da Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Cangas, que foron requiridos polo persoal do CIAE. O Servizo de Garda Costas de Galicia tamén foi informado, así como os efectivos de 061-Urxencias Sanitarias.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...