InicioSucesosFeridas graves dúas persoas tras caer por un barranco na Cañiza

Feridas graves dúas persoas tras caer por un barranco na Cañiza

Dúas persoas resultaron feridas de consideración ao caer o vehículo co que circulaban por un barranco na Cañiza, nun sinistro ocorrido na tarde deste domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas de consideración ao caer o vehículo co que circulaban por un barranco na Cañiza, nun sinistro ocorrido na tarde deste domingo.

O accidente produciuse ao cinco menos cuarto da tarde, cando o coche circulaba pola A-52. Foi un dos ocupantes do turismo o que chamou ao servizo de emerxencias do 112 Galicia para alertar de que sufriran un accidente e que estaban feridos.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo no que participou o 061-Urxencias Sanitarias, os bombeiros de Ponteareas e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, transmitiuse a alerta tamén aos bombeiros de Baixo Miño e aos membros do GES de Ribadavia.

Debido ás lesións dos ocupantes, os servizos sanitarios desprazaron a aeronave medicalizada con base en Ourense, aínda que finalmente non foi necesario trasladar a ningún ferido por este medio. Os ocupantes do vehículo foron rescatados en padiola e, posteriormente, trasladados onde esta o persoal sanitario.

Unha vez rescatados, os servizos de emerxencia informaron ao 112 Galicia de que non fora preciso o uso de material de excarceración.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...