InicioSucesosAcabouse o choio: tras unha ducia de roubos nun mes, é detido...

Acabouse o choio: tras unha ducia de roubos nun mes, é detido en Vigo un ladrón con 28 antecedentes

Un home de 35 anos foi detido por realizar 12 furtos durante o mes de febreiro en distintos establecementos de Vigo ao ser interceptado ao levar a cabo o último deles por axentes da Policía Nacional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 35 anos foi detido por realizar 12 furtos durante o mes de febreiro en distintos establecementos de Vigo ao ser interceptado ao levar a cabo o último deles por axentes da Policía Nacional.

Segundo precisou este corpo de seguridade, a investigación que permitiu efectuar a detención iniciouse despois de que o pasado 22 de decembro un home subtraese 1.000 euros en lotaría no supermercado do Centro Comercial da Praza Elíptica. Pouco despois, a encargada denunciou os feitos que deron lugar ao comezo dunha investigación para identificar o autor dos mesmos.

Tras contactar con outras comisarías, os axentes comprobaron que actuara en máis localidades da provincia e que, a mediados de febreiro, cometeu de novo varios furtos en poucos días en Vigo. O seu modo de actuar consistía en tomar aquelas pertenzas nas que se fixara ao entrar nun local nada máis saír do mesmo co obxectivo de vendelas no ‘mercado negro’.

Finalmente, tras entrar en varias cafetarías da rúa Urzáiz e saír pouco despois, foi interceptado por varios axentes que procederon a identificalo e a detelo. Despois de chegar a Comisaría, comprobouse que contaba con 28 antecedentes policiais dos que varios se debían a feitos similares.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...