InicioEconomíaA área de Vigo é unha das máis dinámicas de Galicia a...

A área de Vigo é unha das máis dinámicas de Galicia a nivel inmobiliario

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) avisa de que as áreas urbanas da Coruña xunto a Pontevedra-Vigo aglutinan “máis do 70 por cento” das operacións de compravenda e arrendamento de vivenda, ademais de “a maioría da viabilidade económica, social e demográfica”.

Tras elas atópanse as de Santiago e Lugo, “con perspectivas positivas pero sen o pulo” das outras dúas zonas, apuntan estas inmobiliarias. Pola contra, as áreas de Ourense e Ferrol concentran a maior taxa de vivendas baleiras na Comunidade galega. Así o recolle un informe feito público este luns, Fegein identifica unha Galicia “de dúas velocidades entre o urbano e o rural”, pero tamén constata “o desequilibrio territorial entre áreas urbanas”.

En Ourense e Ferrol viven “un desequilibrio territorial que se fai crónico e case irreversible”. “cunha gran debilidade demográfica e económica que lles fai perder o tren dun futuro competitivo e atractivo inversionista”. Unha situación que achaca a “a falta de compromiso e planificación económica das diferentes administracións local, autonómica e estatal”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...