InicioVigo e contornaVigoO PSOE contrataca e pídelle ao PP que informe dos familiares que...

O PSOE contrataca e pídelle ao PP que informe dos familiares que traballan na deputación desde a época de Louzán

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo socialista da Deputación de Pontevedra saíu ao paso das acusacións da portavoz provincial do PP, Elena Muñoz, sobre “falso nepotismo” do PSOE, e preguntou se os populares, do mesmo xeito que queren facer no Concello de Vigo, pedirán unha listaxe cos familiares e exconcelleiros do PP que foron contratados pola Deputación de Pontevedra antes da chegada do actual goberno provincial.

O deputado socialista Carlos López Font cualificou de “vergoñoso e bochornoso” o “atrevemento” de Elena Muñoz ao acusar de “falsos nepotismos”, en relación cunha sentenza que condena a un funcionario vigués polo ‘enchufe’ dunha cuñada da presidenta da Deputación, Carmela Silva. “E faino sen rubor, nesta Deputación, onde todo o mundo sabe o que facían”, engadiu.

Por iso, López Font preguntou “cando” o PP pedirá “a listaxe de fillos, fillas, sobriños, sobriñas, curmáns, primas, irmáns, irmás ou exconcejales do PP” que traballan na institución provincial.

O deputado socialista criticou as acusacións “falsas” do PP cara a “quen ten as mans limpas”, e lembrou que Elena Muñoz representa “ao único partido que está condenado por corrupción neste país”. “O PP é o partido da corrupción, como queda demostrado sentenza tras sentenza. E o que aínda queda por saber”, incidiu.

Finalmente, tras criticar as declaracións de Muñoz na que acusa a Silva de inducir ao secretario a elaborar un informe ‘ad hoc’, López Font reiterou que as críticas do PP forman parte dunha “campaña de difamacións e mentiras” debida á “absoluta desesperación” da portavoz ‘popular’ “polos nefastos resultados electorais que van ter nas próximas eleccións”.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...