InicioCulturaA Xunta quere que haxa unha nova edición do Marisquiño en Vigo

A Xunta quere que haxa unha nova edición do Marisquiño en Vigo

O concelleiro de Cultura, Román Rodríguez apunta que se aumenta a dotación do ano pasado, pero non revela cifras, á espera do que decida a organización.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, comprometeu este mércores o investimento da Xunta necesaria para garantir que continúe a celebración do festival O Marisquiño en Vigo.

Tras reunirse co director do festival, Joako Ezpeleta, o conselleiro asegurou que a Xunta fixo unha proposta “xenerosa”, porque cre “importante” que “se manteña en Vigo” esta cita. Por iso, realizouse “unha oferta que cumpre coas expectativas que reclama a organización”.

Aínda que non quixo revelar cifras, o conselleiro explica que o apoio deste ano “algo mellora” o do ano anterior, no que a Xunta destinou uns 50.000 euros. Serán “dous terzos” pola vía directa e o outro terzo por patrocinio. “Queremos que O Marisquiño deste ano se celebre, por parte da Xunta non vai quedar”, aclara Román Rodríguez.

Todo iso, despois do accidente do ano pasado que deixou centenares de feridos tras o derrubamento dun tramo do paseo nunha das dársenas do porto de Vigo. O obxectivo é que “poida celebrarse sen ningún tipo de contratempo e do que se fale realmente de O Marisquiño é do deporte urbano e da cultura urbana”.

O conselleiro define este encontro mantido en Santiago como “unha reconciliación”, despois de que a finais do ano pasado a organización mostrase a súa insatisfacción co respaldo do Goberno galego á celebración do evento en 2019.

AGORA DEBERÁ DECIDIR A ORGANIZACIÓN

A organización ten previsto tomar a decisión na tarde deste mércores sobre se leva adiante a edición deste ano do festival. O conselleiro de Cultura di que o seu “desexo é que se celebre”. “Ao final o que terá que tomar a decisión última é o organizador”, agrega.

Sobre a localización física do evento, o conselleiro di descoñecer onde levará a cabo no caso de que se celebre, xa que iso “non incumbe” á Xunta e prevé que, de ter luz verde, sexa en época estival.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...