InicioEconomíaInveravante lánzase ao mercado inmobiliario de Vigo

Inveravante lánzase ao mercado inmobiliario de Vigo

Adquire terreos e un edificio a BBVA no centro da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Avantespacia, división inmobiliaria da corporación Inveravante, adquiriu tres chans e un edificio a BBVA situados en zonas premium de Vigo, Madrid e Granollers.

Esta compra prodúcese uns dous meses despois de que Inveravante se fixera coa participación que BBVA tiña en Avantespacia inmobiliaria, S.L., a sociedade constituída por ambas as compañías en 2016 para o desenvolvemento de proxectos inmobiliarios no ámbito residencial en España, informou a empresa nun comunicado.

O edificio e o chan de Vigo emprázanse no centro da cidade, na rúa Marqués de Valladares, con fachada á rúa Colón. Suman unha superficie edificable de 6.700 metros cadrados, que se destinarán á construción de 39 vivendas en altura, prazas de garaxe e locais comerciais. O proxecto atópase na última fase dos traballos arqueolóxicos.

Avantespacia é a división inmobiliaria de Inveravante que conta tanto con carteira de chan e proxectos xa en marcha en Madrid, Andalucía, Canarias, Asturias, Navarra, Aragón, Baleares e Galicia.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...