InicioVigo e contornaVigoCaballero agradece o "desbloqueo" do Corredor Atlántico, "importantísimo" para Vigo

Caballero agradece o “desbloqueo” do Corredor Atlántico, “importantísimo” para Vigo

O alcalde socialista considera que este proxecto é chave porque facilitará a saída de mercadorías cara ao resto de España e Europa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou o “desbloqueo” por parte do Ministerio de Fomento do Corredor Atlántico -cuxo plan director foi presentado este mércores en Madrid- e insistiu en que é “importantísimo” para a cidade.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, o rexedor vigués mostrou a vontade de “cooperación” do goberno local co Executivo central en relación ao desenvolvemento deste proxecto. Ademais, trasladou que xa se reuniu co titular da carteira de Fomento, José Luís Ábalos, ao que lle transmitiu o seu “recoñecemento” polo labor exercido neste sentido.

Respecto do plan director, Abel Caballero lembrou que este proxecto será clave para a modernización e o mantemento do transporte de mercadorías da liña ferroviaria que conecta a urbe galega con León. Así, o alcalde olívico incidiu na importancia deste corredor que, segundo resaltou, permitirá a saída de mercadorías desde o porto de Vigo ao resto da península e de Europa. Por esta razón, afirmou que esta medida levará unha “competitividade total” do tecido empresarial da urbe.

En concreto, o plan director do Corredor Atlántico inclúe unha partida orzamentaria para o noroeste peninsular de 3.558 millóns de euros, dos que 1.293 se destinarán a renovacións e 2.265 a novas construcións. Deste xeito, destinaranse 650 millóns de euros ao eixo León-Vigo, mentres que a conexión da cidade olívica coa Coruña será dotada con 70. Ambas liñas inclúense ademais entre as prioridades do período 2019-2025.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...