InicioSociedadeOs nenos poderán moverse polo interior do Cunqueiro con coches eléctricos

Os nenos poderán moverse polo interior do Cunqueiro con coches eléctricos

A finalidade é reducir a ansiedade dos nenos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo disporá de pequenos coches eléctricos para trasladar aos nenos dentro do centro ás súas citas cirúrxicas ou co fin de realizarlles probas diagnósticas.

Algúns dos máis pacientes máis pequenos probaron este mércores estes vehículos de xoguete teledirixidos, que foron doados pola cafetaría do hospital, segundo indicou a Xerencia de Xestión Integrada de Vigo nun comunicado.

Estes automóbiles eléctricos, modelo Mercedes, inclúen un control remoto con dúas velocidades que permite que sexan monitorados polos adultos, así como luces, claxon, mp3 e música.

En concreto, dous dos coches destinaranse á Unidade de cirurxía maior ambulatoria (UCMA) pediátrica, mentres que o terceiro situarase no servizo de Pediatría co fin de trasladar aos menores hospitalizados á zona de realización de probas diagnósticas.

O obxectivo desta iniciativa, enmarcada no Plan estratéxico da área sanitaria de Vigo, é reducir a ansiedade dos nenos previa ás intervencións cirúrxicas. A utilización destes vehículos eléctricos será, por tanto, terapéutica.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...