InicioSociedadeA Xunta cualifica de "terceiromundistas" os accesos ao Hospital do Meixoeiro

A Xunta cualifica de “terceiromundistas” os accesos ao Hospital do Meixoeiro

Pídelle ao Condello de Vigo que faga as melloras prometidas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, instou ao Concello da cidade a mellorar os accesos ao Hospital Meixoeiro, que cualificou como do “Terceiro Mundo”.

Nunha rolda de prensa que tivo lugar en Vigo este luns, López-Chaves insistiu en que os viarios de acceso ao centro hospitalario que, segundo incidiu, son de titularidade municipal, atópanse nunha situación de “abandono”. En concreto, referiuse ao Camiño Arieiro, que rodea ao complexo hospitalario, e á Baixada O Castelo, que conecta o centro coa parroquia de Bembrive.

Deste xeito, afirmou que, debido ao volume de intervencións cirúrxicas que se practican no Hospital Meixoeiro e ás variadas especialidades que acolle, é “necesario” que se melloren os accesos, dos que criticou a “estreiteza” que comportan.

Así mesmo, o delegado territorial da Xunta criticou que o goberno local anunciase que, tras a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, habilitaría un quilómetro de beirarrúas na rúa Clara Campoamor e que esta humanización aínda non tivese lugar. Por iso, apelou ao Goberno local a emendar esta situación que, segundo asegurou, afecta á “seguridade” dos cidadáns.

Ademais, detallou que dirixirá unha carta ao Concello da cidade olívica co obxectivo de que a Administración local realice “os investimentos necesarios” para garantir a mellora dos accesos a ambos os hospitais.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...