InicioEconomíaEixo Atlántico denuncia que o informe do CES sobre o Corredor Atlántico...

Eixo Atlántico denuncia que o informe do CES sobre o Corredor Atlántico parece “un mal traballo de alumno de BUP”

Di que é "propaganda" preelectoral e alerta contra as súas propostas "perigosísimas". Critica que parece que o Corredor Atlántico só existe desde que Feijóo se reuníu cos presidentes de Asturias e de Castela e León".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Eixo Atlántico criticou duramente este venres o informe que o Consello Económico e Social de Galicia (CES) presentará a próxima semana sobre a integración da Comunidade galega no Corredor Atlántico, e advertiu de que o documento “chega tarde e mal”, “non está consensuado” e mesmo recolle propostas “peligrosísimas”.

Así o trasladou o secretario do Eixo, Xoán Vázquez Mao, nunha comparecencia ante os medios, tras manter unha reunión co portavoz de En Marea, Luís Villares. Vázquez Mao confirmou que o Eixo tivo acceso a este informe, que comparou con “un mal traballo de alumno de BUP” –pola ausencia de análise económica ou técnico, entre outras “omisións”–, e criticou que, á luz do documento, “parece que o Corredor Atlántico só existe desde que Feijóo se reuníu cos presidentes de Asturias e de Castela e León”.

O Corredor ten 20 anos, e houbo moita xente facendo todo un proceso de traballo. Sinto que o CES se incorpore agora á precampaña electoral”, proclamou o secretario do Eixo, quen engadiu que, ademais de ser “puramente propagandístico”, tamén é un informe “tardío”, porque xa en xullo pasado a Comisión Europea aprobou a incorporación de Galicia a ese corredor.

PROPOSTAS “PERIGOSÍSIMAS”

Por outra banda, Vázquez Mao alertou achega as propostas “perirosísimas” que se expoñen nas conclusións do informe. Así, recalcou que se volve a pór sobre a mesa a necesidade de complementar o eixo Vigo-O Porto cunha liña entre A Coruña, Xixón e Bilbao.

“Volvemos caer outra vez no erro do esquema de ‘tres aeroportos”, aseverou o secretario do Eixo, quen incidiu en que xa existía un consenso hai anos sobre a conveniencia de unificar os tráficos de mercadorías de todos os portos nunha soa liña de saída de Galicia, por Monforte.

O Eixo denunciou que estas formulacións do CES, “que non foron discutidos nin consensuados con ninguén”, impedirán que haxa unha masa crítica no transporte de mercadorías que poida atraer a operadores. “A saída única de mercadorías por Monforte é unha posición xa aceptada desde a época de Fraga, e o máis absurdo (do informe do CES) é que altera unha posición que a Comisión Europea xa oficializó”, engadiu.

“Estamos a tirar pedras contra o noso propio tellado (…), este documento nace morto, non está consensuado, chega tarde e mal. É un documento preelectoral ao servizo dos intereses de só unha parte de Galicia”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención...

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...