InicioSociedadeCaballero: "O aparcadoiro do Álvaro Cunqueiro será gratis só para xente de...

Caballero: “O aparcadoiro do Álvaro Cunqueiro será gratis só para xente de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que as obras do aparcadoiro municipal que se abrirá á beira do hospital Álvaro Cunqueiro están "practicamente" acabadas e que ese servizo está "a piques de abrir só para xente de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que as obras do aparcadoiro municipal que se abrirá á beira do hospital Álvaro Cunqueiro están “practicamente” acabadas e que ese servizo está “a piques de abrir só para xente de Vigo”.

A preguntas dos medios nunha rolda de prensa, o rexedor precisou que o aparcadoiro disporá dunhas “máquinas de control” e que non descarta que a súa utilización se regule a través da controvertida tarxeta PassVigo (que até agora se usa só para o bus urbano e sobre a que pesa un auto xudicial que anula a esixencia de estar empadroado na cidade para poder dispor dela).

Segundo indicou Caballero, o goberno municipal buscará “unha fórmula” para que este aparcadoiro sexa gratuíto só para os vigueses. Así, incidiu, terá “subvención” pero, “para estar subvencionado, tense que estar empadroado en Vigo”.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...