InicioSociedadeCondenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

O acusado ofertaba inmobles en plataformas como Milanuncios ou Fotocasa, cobraba fianzas e reservas, pero as vítimas nunca podían acceder aos pisos nin recuperar o diñeiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a Pedro María M.O. como autor dun delito de estafa agravada, tras enganar varias persoas con falsos alugueiros de inmobles en Vigo e Sanxenxo. O procesado, condenado xa anteriormente e con numerosas causas abertas polo mesmo delito, utilizaba plataformas como Milanuncios ou Fotocasa para ofertar vivendas ou pisos turísticos sobre os que non tiña capacidade.

As vítimas adiantaban pagamentos como fianzas ou reservas, pero nunca podían acceder aos pisos nin recuperaban o diñeiro. Neste procedemento concreto, Pedro María M.O., que está a cumprir condena en prisión, foi xulgado por estafar catro persoas con falsos alugueiros de inmobles no centro de Vigo e dunha casa vacacional en Sanxenxo. A Audiencia condenouno a 18 meses de prisión e ao pagamento dunha multa de 1.260 euros. Ademais, deberá indemnizar os prexudicados cun total de 2.400 euros.

O tribunal destaca que as declaracións das vítimas, corroboradas por documentación das transaccións, evidencian que o sospeitoso actuou con ánimo de lucro, causando un prexuízo patrimonial significativo. Desta forma, cualifica os feitos como un delito continuado de estafa agravada, considerando que o engano recaeu, salvo nun dos casos, que era para uso turístico en Sanxenxo, sobre vivendas destinadas a residencia habitual, o que agrava a responsabilidade penal.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...