InicioSociedadeA Xunta activa o protocolo de actuación ante a sarna trala aparición...

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a sarna trala aparición dun brote en Povisa

A Consellería de Sanidade aplicou as medidas recollidas no seu protocolo de actuación en institucións con coidadores tras a aparición dun brote de sarna que tivo lugar no hospital vigués de Povisa a semana pasada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade aplicou as medidas recollidas no seu protocolo de actuación en institucións con coidadores trala aparición dun brote de sarna que tivo lugar no hospital vigués de Povisa a semana pasada.

Segundo precisou a Consellería nun comunicado, as medidas adoptadas inclúen a detección de posibles novos casos no centro, así como o seu tratamento mediante a aplicación dunha crema en, polo menos, dous ciclos separados por unha semana.

Así mesmo, o protocolo inclúe un tratamento preventivo dos usuarios e traballadores do centro que debe realizarse o mesmo día. Ademais, o coidado debe efectuarse no momento do segundo ciclo do tratamento para facilitar o control da enfermidade.

A sarna ou escabiosis é unha enfermidade cutánea producida polo ácaro Sarcoptes scabiei. En concreto, transmítese a través dun contacto prolongado e sostido de pel con pel, aínda que tamén pode contaxiarse mediante a roupa de vestir, a roupa de cama e as toallas, entre outros.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...