InicioDeportesCaballero prevé comezar no verán a reforma de Marcador "se non o...

Caballero prevé comezar no verán a reforma de Marcador “se non o impide a Xunta”

O goberno municipal de Vigo prevé licitar o próximo mes de xuño a obra de reforma da bancada de Marcador, no estadio de Balaídos, "se non hai cambadelas" da Xunta de Galicia ou do presidente Núñez Feijóo, que "quere levar o Celta de Vigo para Mos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo prevé licitar o próximo mes de xuño a obra de reforma da bancada de Marcador, no estadio de Balaídos, “se non hai cambadelas” da Xunta de Galicia ou do presidente Núñez Feijóo, que “quere levar o Celta de Vigo para Mos”.

Así o manifestou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que explicou que o goberno recibiu hai uns días o proxecto básico desa bancada, “e estase traballando no proxecto de execución”.

De feito, están a facerse cálculos para valorar as estruturas que van soster a obra, con estudos xeotécnicos do terreo e perforacións para medir a dureza e composición do chan.

Segundo confirmou o rexedor olívico, a próxima semana remitirase o proxecto básico ao Real Club Celta e a Augas de Galicia, que teñen que emitir un “informe vinculante”. A partir de aí, o Concello espera licitar a obra en xuño.

“Se non hai cambadelas, que as pode haber porque a Xunta non ten ningún interese en que o Celta xogue en Balaídos, licitaremos en xuño”, incidiu, e recordou que a obra permitirá que a bancada se aproxime” e chegue a 8 metros do terreo de xogo, e conte con 6.700 asentos.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...