InicioSociedadeO Porto debía coordinar a seguridade do Marisquiño pero non supervisar, segundo...

O Porto debía coordinar a seguridade do Marisquiño pero non supervisar, segundo López Veiga

Ediles populares din, agora, que non comparecerán tampouco na comisión ata que o Consello de Estado determine se os cargos municipais teñen que comparecer no Parlamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, afirmou este venres, con respecto á celebración do festival O Marisquiño, que o Porto tiña a “obrigación” de coordinar a seguridade do festival coa propia seguridade portuaria, pero “non supervisar” o evento.

Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, nunha rolda de prensa na que negou taxativamente que o Porto dese instrucións sobre a colocación do escenario ou as estruturas para o concerto durante o cal se afundiu parte dun peirao, causando 467 feridos.

O Porto ten prohibido meterse na xestión desas cousas. A obrigación do Porto é coordinar o plan de autoprotección do Marisquiño co plan de seguridade do propio Porto, non supervisar o festival”, incidiu.

En todo caso, López Veiga trasladou que se reserva” para aclarar calquera cuestión ata o momento en que compareza na comisión de investigación creada no Parlamento de Galicia. “Darei as explicacións no Parlamento”, rematou.

CONSELLO DE ESTADO

Por outra banda, a concelleira de Urbanismo de Vigo, a socialista María José Caride, solicitou que se aprace a súa comparecencia na Comisión de Investigación sobre O Marisquiño no Parlamento de Galicia ata que o Goberno determine se está obrigada a comparecer, ao ser un cargo público municipal.

A solicitude foi presentada non só pola concelleira senón tamén pola arquitecta municipal, que piden o adiamento ata que se pronuncie o Consello de Estado, ao que o Ministerio de Política Territorial elevou consulta o 17 de xaneiro sobre a obrigación a comparecer en comisións de investigación de Parlamentos autonómicos.

As peticións foron feitas pública polo deputado do Partido Popular, Alberto Pazos Couñago, que acusou ao Ministerio socialista de “uso espurio” das súas “potestades”, cun “uso e abuso” “intolerable” que se “pliega aos intereses de Vigo” e á “estratexia obstrucionista” do rexedor socialista, Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...