InicioSucesosDesarticulado o punto de venda de drogas de López Mora: 300 gramos...

Desarticulado o punto de venda de drogas de López Mora: 300 gramos de heroína, 500 de haxix…

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes e unha muller, de idades comprendidas entre os 59 e os 62 anos de idade e veciños da cidade olívica, como presunto autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes e unha muller, de idades comprendidas entre os 59 e os 62 anos de idade e veciños da cidade olívica, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación (levada a cabo polo grupo de UDEV-Drogas e coordinada polo xulgado de instrución número 3 de Vigo) iniciouse a principios de xaneiro ao ter constancia da existencia dun posible punto negro de venda de drogas na contorna das Travesas e López Mora.

As pescudas e dispositivos de vixilancia permitiron constatar que había unha importante trasfega de toxicómanos pola zona, que quedaban en puntos predeterminados cos vendedores, e que incluso acudían ao domicilio dun deles, en López Mora, a comprar a droga.

Tras identificar aos presuntos traficantes, a Policía estableceu un dispositivo para detelos de forma simultánea e coordinada. O ‘xefe’ da organización foi interceptado á primeira hora da mañá cando chegaba á vivenda de López Mora, mentres outros indicativos policiais detiñan ao resto de membros do grupo.

A Policía realizou as entradas e rexistros nos domicilios, e incautouse de 300 gramos de heroína de gran pureza, medio quilo de haxix, importantes cantidades de diñeiro en efectivo, e material para transformar e vender a droga.

Os detidos foron trasladados a comisaría, onde se comprobou que todos eles teñen antecedentes policiais, moitos por tráfico de drogas. Os arrestados e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...