InicioSociedadeUnha investigación sobre cancro anal, VIH e papiloma humano da UVigo é...

Unha investigación sobre cancro anal, VIH e papiloma humano da UVigo é premiada polo seu impacto científico

Un traballo clínico sobre o virus do papiloma humano realizado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) obtivo o primeiro premio de investigación que outorga a Consellería de Sanidade á mellor publicación de impacto científico realizada en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un traballo clínico sobre o virus do papiloma humano realizado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) obtivo o primeiro premio de investigación que outorga a Consellería de Sanidade á mellor publicación de impacto científico realizada en Galicia.

A Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde concedeu o primeiro premio 2018 de investigación sobre VIH e outras infeccións de transmisión sexual ao doutor Mauricio Iribarren Díaz, cirurxián do CHUVI, un recoñecemento que o premiado fixo extensible a todo o seu grupo investigador.

A actividade deste grupo de investigación plasmouse durante anos na creación dun amplo grupo de estudo sobre o virus do papiloma humano en Vigo, o grupo GECAO.

O traballo galardoado titúlase ‘Resultados preliminares dun programa de cribado do cancro anal e os seus precursores en homes con VIH que teñen sexo con homes’. O xurado seleccionouno entre 136 publicacións de impacto científico realizadas por autores e grupos galegos de investigación.

“Para os membros do grupo unha das maiores satisfaccións é, sen dúbida, plasmar o seu traballo de investigación nunha actividade clínica habitual do CHUVI, continuando co cribado diagnóstico e terapéutico de lesións precursoras de cancro anal e incorporando paulatinamente a todos os grupos de persoas en risco de desenvolver cancro ano-xenital asociado á infección polo virus do papiloma humano”, explicou o doutor Iribarren Díaz.

Segundo trasladou o Sergas, unha tese previa presentada polo mesmo grupo xa adiantou os resultados logo de catro anos de seguimento dunha investigación cun gran número de variables epidemiolóxicas e clínicas, nunha poboación seleccionada de 300 pacientes.

Esta tese demostrou que o 87% dos pacientes estudados estaba infectado con VPH, cunha prevalencia e incidencia moi alta de neoplasia intraepitelial (AIN) e de cancros anais, o cal se detectou en tres pacientes, o que pode considerarse un incidente moi elevado.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide 20 anos de internamento psiquiátrico para o asasino de Lavadores

A Fiscalía pide 20 anos de internamento psiquiátrico para Juan D.E., ao que considera...

Dous detidos en Vigo por roubo e uso fraudulento de cartóns bancarios subtraídos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron nos últimos días a dous...

O Porto de Vigo aborda a caducidade da concesión de Estaleiros San Enrique tras incumprimentos no plan industrial

O Consello de Administración do Porto de Vigo abordará na súa reunión deste venres...

O TSXG confirma tres anos e medio de cadea para un home que agrediu sexualmente a unha muller con discapacidade intelectual

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de 3 anos...