InicioVigo e contornaVigoO PP pide no rexistro a información do Marisquiño que Caballero "nega...

O PP pide no rexistro a información do Marisquiño que Caballero “nega ao Parlamento”

Afirman ter a "certeza" de que o concelleiro López Font e o alcalde menten ao dicir que remitiron toda a documentación sobre o accidente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os parlamentarios do PP, Alberto Pazos e Teresa Egerique (membros da comisión que investiga o accidente do Marisquiño), presentaron este luns, no rexistro do Concello de Vigo, unha solicitude de documentación sobre o expediente de celebración deste festival, e fixérono “como cidadáns”, xa que o goberno municipal “negou” á comisión parlamentaria esa información.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o deputado autonómico Alberto Pazos, quen explicou que esta solicitude é “un paso máis no coñecemento da verdade”, ante os “denodados esforzos” do goberno de Abel Caballero por “non dar explicacións”.

Segundo apuntou Pazos, ata agora, tras escoitar aos primeiros comparecentes na comisión, existe “unha certeza e algunhas dúbidas”. Con respecto ao primeiro, proclamou que o PP ten “a certeza de que o concelleiro Carlos López Font mente” cando mantén que o goberno local remitiu ao grupo municipal ‘popular’ toda a documentación do expediente do Marisquiño. “O alcalde apoia a súa mentira”, dixo.

A ese respecto, incidiu en que o PP non dispón de copia do seguro de responsabilidade civil do evento “selada” polo Concello, nin da licenza municipal para a totalidade do festival ou os certificados de que as instalacións cumprían todos os requisitos de seguridade. Por iso, cuestionou a afirmación do López Font na que asegurou que o Concello cumpriu todas as súas obrigas.

Por outra banda, a preguntas dos medios sobre a comparecencia de Abel Caballero na comisión parlamentaria sobre O Marisquiño, Alberto Pazos reiterou a obriga do rexedor de “cumprir a lei”, e advertiu de que unha negativa a comparecer podería ter consecuencias “previstas no Código Penal”. “Espero que haxa sentido común, e que non se force á Cámara a tomar iniciativas para defender as súas prerrogativas e a súa integridade”, afirmou.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...

As redes sociais e a súa influencia na percepción da corrupción política: unha análise do caso galego

A relación entre as redes sociais e a percepción da corrupción política é un...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro....

A mellor “xogada do Celta” non foi só na remontada contra o Betis

O paso dos neofascistas seareiros do Betis deron que falar ese fin de semana...