InicioSociedadeAbel Caballero calcula que as luces de Nadal deixaron uns ingresos 25...

Abel Caballero calcula que as luces de Nadal deixaron uns ingresos 25 veces superiores ao custo da iluminación

Cifra nuns 2 millóns as persoas que pasaron polo centro da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A iluminación do Nadal e a afluencia de persoas que orixinou supuxo un retorno económico á cidade de Vigo de máis de 20 millóns de euros, segundo estimou o alcalde, Abel Caballero, que cifrou en máis de 2 millóns as persoas que, entre finais de novembro e mediados de xaneiro, mobilizáronse na cidade.

Así o trasladou o rexedor nunha rolda de prensa na que tachou de “éxito excepcional” a programación municipal de Nadal, e na que fixo balance de visitas, ocupación hostaleira e repercusión deste evento.

Segundo os seus cálculos, eses 2 millóns de persoas deixaron en Vigo ingresos que multiplican “por máis de 25” o custo da iluminación (uns 830.000 euros). “E iso sen contar a publicidade e aparición nos medios de comunicación”, apostilou Abel Caballero, quen sinalou que a afluencia de vehículos á cidade creceu en 250.000 coches e buses máis que o ano pasado.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

O alcalde subliñou que “unhas 40.000 persoas de 36 países” seguiron en directo o aceso das luces por televisión, incluída a BBC One, ou por redes sociais.

Por outra banda, destacou que os trens con chegada a Vigo tiveron unha ocupación do cento por cento os fins de semana e que a media de ocupación das conexións aéreas estivo entre o 63 e o 86 por cento segundo as liñas.

Con respecto aos hoteis, Abel Caballero aseverou que a ocupación media foi do 67 por cento, e que ascendeu ao 85 por cento nos fins de semana, “con picos do 95 por cento e cento por cento”. Segundo subliñou, “subiu en 30 puntos a ocupación con respecto ao ano pasado”.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

No caso da hostalería, o alcalde apuntou que o volume de negocio aumentou nun 50 por cento con respecto ao ano 2017 e tamén se incrementou a actividade comercial, nalgúns casos, ata nun 20 por cento.

Abel Caballero apostou por “aproveitar” ese éxito e repercusión, para afianzar Vigo como destino turístico, o que cualificou como “reto”.

No entanto, o alcalde tamén incidiu en que “houbo factores negativos”, como “o intento de Feijóo de devaluar a imaxe da cidade” e “o PP de Vigo facendo o mesmo”.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...