InicioSociedadeO Concello de Vigo pide pasos elevados para vehículos na AP-9 para...

O Concello de Vigo pide pasos elevados para vehículos na AP-9 para non dividir Teis

Caballero di que xa lle mandou cartas a Fomento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que enviaron unha carta ao Ministerio de Fomento para que inste a Autoestradas do Atlántico (Audasa) a “reforzar” os pasos elevados sobre a AP-9 para que poidan circular vehículos.

Abel Caballero explicou que durante 25 anos circularon os vehículos polos pasos elevados de Xorxa e Trapa, ambos no barrio de Teis, pero que hai unhas semanas o Concello “prohibiu” o paso de coches “en atención á seguridade”. “A unha petición de información do Concello, Fomento contestou que os pasos de Xorxa e Trapa non están autorizados para vehículos, polo tanto prohibimos o paso en atención á seguridade”, detallou o alcalde.

Con todo, o rexedor vigués manifestou que ao impedir o paso de vehículos os veciños teñen que dar unha volta de dous quilómetros para ir dunha zona a outra do barrio pola presenza da autoestrada. “Non vou permitir que mutilen unha parte da cidade”, aseverou Caballero, que solicitou a Fomento que inste a Audasa a reforzar ambos os pasos elevados para restaurar a circulación de automóbiles de entre cinco e oito toneladas.

“A autoestrada está obrigada a construír pasos elvados que permitan a circulación de vehículos”, asegurou Caballero, que insistiu en que non deixará que a cidade quede “mutilada” pola “ineficiencia de Audasa”. Esta situación está a provocar numerosas protestas dos veciños que aseguran que quedan divididos e impedidos de facer a súa vida cotiá.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...