InicioSucesosDous investigados por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas por Vigo

Dous investigados por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas por Vigo

Trátase dun home de 65 anos de idade e dunha muller de 44. A Policía Local tamén denunciou a outro condutor que deu positivo en cocaína

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo investiga a dous individuos por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas pola cidade. Ambos resultaron encartados en dilixencias xudiciais en calidade de investigados por un suposto delito contra a seguridade viaria ao superar o limite penal establecido.

O primeiro, un home de 65 anos de idade, nacido e domiciliado en Baiona (Pontevedra), foi interceptado á 1,15 horas do pasado luns cando conducía un turismo de márcaa Volkswagen Golf durante un control de vehículos na Avenida de Beiramar.

No momento da identificación os axentes comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas e a proba arroxou un resultado positivo de 0,69 miligramos de alcol por litro de aire expirado na primeira e 0,69 mg/l de aire expirado na segunda.

A segunda investigada, unha muller de 44 anos de idade, conducía un turismo da marca Citröen Xsara pasadas as 3,15 horas da madrugada do pasado luns e cometeu unha infracción á altura do número 204 da estrada de Camposancos.

Por este motivo foi interceptada polos axentes, que comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Así o confirmou a proba preceptiva de determinación do grao de impregnación alcohólica, cun resultado positivo de 0,81 miligramos de alcol por litro de aire expirado no primeiro test e de 0,81 mg/l de aire expirado no segundo.

POSITIVO EN COCAÍNA

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén denunciou a un home de 52 anos de idade, nacido en Alemania e domiciliado na cidade olívica, por conducir baixo os efectos de sustancias estupefacientes.

Os feitos sucederon na madrugada deste martes, sobre as 4,57 horas, cando o condutor dun turismo da marca Nissan Almera foi interceptado por unha patrulla que sospeitaba de que puidese conducir con presenza de drogas no organismo.

O test indiciario salival deu un resultado positivo en cocaína polo que os policías tramitáronlle a correspondente sanción administrativa e o seu vehículo foi retirado ao deposito municipal.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...