InicioSucesosInvestigan a morte dun octoxenario que apareceu morto tapado cuns plásticos

Investigan a morte dun octoxenario que apareceu morto tapado cuns plásticos

Axentes da Policía xa levaban uns días investigando a súa desaparición, logo de que a súa familia interpuxese unha denuncia o pasado 5 de xaneiro. O cadáver, atopado por un veciño do barrio de Sárdoma, presentaba signos de violencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Vigo investiga a morte dun octoxenario veciño da cidade cuxo cadáver apareceu na tarde deste luns tapado “cuns plásticos”, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

O falecido é un veciño do barrio de Sárdoma, Manuel A.R., de 81 anos de idade, e sobre o cal constaba unha orde de desaparición que se cursou durante o pasado Nadal e que xa investigaban axentes da Policía Nacional.

O corpo apareceu nas proximidades do río Lagares ao seu paso polo barrio vigués de Sárdoma, nunha zona entre naves industriais. Foi un veciño da zona o que deu a alerta á Policía Nacional sobre as 15:30 horas do pasado luns. O cadáver presentaba signos de morte por violencia e atopábase envolto nuns plásticos e, segundo trasladaron fontes da Policía Nacional, estaba moi camuflado coa contorna.

A sala do 091 de Vigo puxo estes feitos en coñecemento do xulgado de garda de Vigo, o de Instrución número 8, á Policía científica e a funcionarios da Policía xudicial especializados neste tipo de incidentes.

Segundo explicaron fontes policiais, unha vez inspeccionada a zona e solicitadas as posibles probas trasladouse o cadáver ao Nicolás Pena para que o equipo forense realizase a autopsia.

Para non prexudicar as diferentes liñas de investigación que se seguen neste caso, a Policía manifestou que non facilitará información sobre a investigación en curso nin sobre o xeito na que foi segada a vida deste vigués.

DENUNCIA DE DESAPARICIÓN

O pasado día 5 de xaneiro a familia deste vigués presentara unha denuncia ante a Policía Nacional pola súa desaparición pois “notaban a súa ausencia en días anteriores”. O falecido vivía só e adoitaba dar paseos pola zona, segundo indicaron os seus familiares ao acudir ás dependencias policiais.

A familia, segundo explicaron fontes policiais, intentara comunicarse con el por vía telefónica e pensaba que podía atoparse noutra vivenda da súa propiedade, na zona da Cañiza. Realizadas todas as comprobacións, a familia optou por pór unha denuncia de desaparición.

O pasado domingo os efectivos policiais fixeron unha primeira procura deste octoxenario pola zona próxima á súa casa en Sárdoma, pois a familia comentara ao pór a denuncia que ultimamente se atopaba algo máis desorientado que de costume”.

A Policía trasladou que o pasado luns, cando apareceu o cadáver tras o aviso dun veciño, sobrevoouse a zona para tratar de localizalo durante máis dunha hora sen resultados positivos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...