InicioSucesosLocalizan o corpo sen vida do veciño desaparecido desde o domingo

Localizan o corpo sen vida do veciño desaparecido desde o domingo

O seu fillo fixera público un chamamento a través de redes sociais hai uns días, advertindo de que José Óscar levaba "semanas desorientado".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida de José Óscar Mosquera Santás, cuxa familia denunciou que estaba desaparecido desde o pasado domingo, foi localizado sen vida este venres na cidade de Vigo. O home foi atopado, sen signos de violencia, na zona da Florida, e o seu fillo fixera público un chamamento a través de redes sociais hai uns días, advertindo de que José Óscar levaba “semanas desorientado”.

Este veciño de Vigo foi visto por última vez o pasado domingo, cando saíu do seu domicilio na zona de Alcabre, e a súa familia pediu axuda para localizalo, apuntado que estaba “enfermo”. Así mesmo, sinalaba que José Óscar adoitaba “parar” polas zonas de Gran Vía, rúa Marín de Coia, Balaídos, Fragoso e A Florida.

ÚLTIMAS

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...

Protestan ante o Concello de Vigo para pedir alternativas habitacións para persoas sen fogar que estaban na Acampada

Decenas de persoas protestaron na mañá deste luns ante as portas do Concello de...