InicioSociedadeA área Sanitaria de Vigo pon en marcha unha nova técnica para...

A área Sanitaria de Vigo pon en marcha unha nova técnica para o tratamento radioterápico

É unha técnica innovadora realizada en poucos hospitais de España destinada ao tratamento de arritmias ventriculares resistentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coordinación entre os servizos de Oncoloxía Radioterápica, Radiofísica e Cardiología da área Sanitaria de Vigo permitiu realizar con éxito a primeira ablación cardíaca mediante radioterapia estreotáctica, unha técnica innovadora realizada en poucos hospitais de España destinada ao tratamento de arritmias ventriculares resistentes.

Segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, a intervención tivo lugar hai un mes, mostrando o paciente nestas semanas unha evolución favorable, permanecendo en réxime ambulatorio e sen necesidade de novos ingresos e medicación hospitalaria. Este tipo de arritmias, indica, son aquelas alteracións do ritmo cardíaco que non responden os tratamentos convencionais. A nova técnica, realizada por Aldara Candal, Pablo Rodríguez e María Cespón, permite tratar de forma non invasiva determinadas arritmias potencialmente mortais mediante a administración de altas doses de radiación sobre o tecido responsable da alteración do ritmo cardíaco.

“É un procedemento non invasivo que emprega radioterapia de alta precisión, consistente en aplicar unha dose moi alta de radiación sobre a zona exacta do corazón que está a provocar a arritmia, sen necesidade de abrir o tórax nin introducir catéteres invasivos”, explicaron os responsables.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...