InicioSociedadeO PP insta a Caballero a sumarse ao consenso proposto por Aena...

O PP insta a Caballero a sumarse ao consenso proposto por Aena para potenciar Peinador

A presidenta do PP de Vigo indicou que cando as estatísticas do aeroporto vigués eran favorables, Caballero optaba por erixirse en portavoz e protagonizar "fotos triunfalistas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, instou ao alcalde, Abel Caballero, a sumarse ao “consenso” en torno ao modelo proposto por Aena para potenciar os aeroportos, tal e como aplicou Santiago, en lugar de “seguir illando” a Peinador. Nun comunicado, a líder da oposición lamentou a “absoluta incapacidade” do rexedor socialista para trear aerolíneas ao aeroporto olívico.

“Caballero, co seu populismo e a súa confrontación estéril, deixou a Vigo totalmente illada, ancorado nunha política aeroportuaria fracasada que levou a Peinador ao seu peor momento da historia”, sinalou. “Que se fixo desde que finalizou o contrato con Ryanair? Cal é o resultado das súas anunciadas reunións en Fitur no mes de xaneiro? Por que non tramitou o contrato para a liña a Londres que dixo que ía custear integramente o Concello?“, preguntouse Sánchez.

Respecto diso, a presidenta do PP de Vigo indicou que cando as estatísticas do aeroporto vigués eran favorables, Caballero optaba por erixirse en portavoz e protagonizar “fotos triunfalistas”, pero agora que Peinador queda atrás “dálle as costas ao problema e fai que non vai con el”. Unha vez máis, reprochou Luisa Sánchez, o socialista optou por confrontar coa Xunta e á Deputación de Pontevedra, que “lle tenderon a man e ofrecéronse a pór diñeiro para axudar a establecer rutas”.

“É evidente que as alcaldesas de Santiago e da Coruña adiantaron pola dereita a Abel Caballero. Mentres el coloca luces en pleno mes de xullo, as alcaldesas traballaban en silencio e chegando a acordos con outras administracións. Pero todos sabemos que esas cousas o alcalde socialista de Vigo non as sabe facer”, insistiu.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...