Un bebé morreu afogado nunha piscina privada esta tarde de venres, 24 de xullo, na cidade de Vigo. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 17:40 horas por parte dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para o bebé. Á súa chegada, os profesionais sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero finalmente non foi posible salvar a vida do menor tras sufrir un afogamento. Foron avisados o 061, axentes da Policía Nacional e da Policía Local. Así mesmo, o 112 Galicia solicitou a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) co obxectivo de prestar apoio especializado á familia.
Morre un bebé afogado nunha piscina
Á súa chegada, os profesionais sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar.
PUBLICADO O
- Advertisement -
