InicioPolíticaO PPdeG defende con entidades de Vigo a súa proposta de transferencia...

O PPdeG defende con entidades de Vigo a súa proposta de transferencia da AP-9

Siguen defendendo un traspaso que responda o "mandato unánime" do Parlamento de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada autonómica do PP Patricia García e os deputados estatais Irene Garrido e Pedro Puy mantiveron unha reunión de traballo sobre a transferencia da AP-9 con entidades viguesas e reiteráronlles o seu “compromiso” de seguir defendendo un traspaso que responda ao “mandato unánime” do Parlamento de Galicia.

En concreto, no encontro participaron membros da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo (FAVEC), da Comunidade de Montes de Lavadores e da plataforma Bembrive en pé. Segundo un comunicado da formación política, os representantes veciñais amosaron a súa preocupación por esta infraestrutura estratéxica para Vigo.

Pola súa banda, os representantes populares insistiron en recuperar o texto orixinal aprobado na Cámara galega para garantir que os galegos “non teñan que pagar dúas veces”. “Primeiro, coas peaxes máis elevadas de España e, agora, cos custos derivados dunha mala negociación do Goberno de Pedro Sánchez”, censuraron.

Neste punto, Patricia García criticou o “cambio de postura” do PSOE e do BNG ao respecto do criterio que ambos defenderon na Cámara galega. “Socialistas e nacionalistas galegos propoñen dun día para outro un texto distinto do que levan anos votando a favor en Galicia”, censurou. Do mesmo xeito, Pedro Puy reprochou que, aínda que o texto que chegou ao Congreso era o avalado no Parlamento, “o consenso foi alterado” durante a súa tramitación parlamentaria e o documento que pactaron ambas forzas con Sumar é “ben distinto”. Este foi aprobado inicialmente no Congreso, aínda que o Senado incorporou a semana pasada as emendas do PP e terá que regresar á Cámara baixa.

Neste sentido, Puy asegurou que o consenso “foi roto, por segunda vez”, no Senado ao votar en contra PSOE e BNG do ditame da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible “que recuperaba a proposta orixinal do acordo unánime do Parlamento”. “Unha aberración”, cualificou. O deputado explicou que a proposta de socialistas e nacionalistas “elimina os elementos que daban seguridade á transferencia da autoestrada”. Pola súa banda, Irene Garrido destacou que Galicia “non pode aceptar” unha transferencia que “deixe aberta a porta a asumir futuras indemnizacións ou reclamacións económicas millonarias”.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...