InicioSociedadeSaen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

Trátase de dous camións retirados recentemente do servizo municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína, atendendo unha petición do cónsul honorario do país en Galicia. Trátase de dous camións retirados recentemente do servizo municipal, ao ser substituídos por vehículos máis modernos, que están en perfecto estado de funcionamento e que este mesmo luns partiron cara a Ucraína.

O alcalde, Abel Caballero, acudiu este luns ao Parque Central para asistir á saída dos vehículos e explicou que poderán ser utilizados en tarefas de emerxencia e rescate. “Queremos contribuír á atención das persoas en Ucraína e apoiar unha causa nobre, digna e xusta“, explicou o rexedor, que tamén trasladou “todo o apoio e afecto de Vigo ao pobo ucraíno”.

Pola súa banda, o cónsul honorario de Ucraína en Galicia, Antonio Corredoira, agradeceu a colaboración do Concello e explicou que os camións se usarán en labores de rescta en zonas próximas á fronteira. “Están a sufrir bombardeos continuos e estes vehículos van ser de gran utilidade para salvar vidas e atender ás emerxencias”, explicou. Deste xeito, un dos camións irá destinado á cidade portuaria de Ochakiv, no sur de Ucraína, na provincia (óblast) de Mykolaiv; e o outro irá para o Hospital Militar de Kharkiv, cidade de 1,4 millóns de habitantes no leste do país.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...