InicioSociedadeA Feira do Libro volve á Alameda de Vigo

A Feira do Libro volve á Alameda de Vigo

A Feira do Libro de Vigo, con 26 casetas, estará aberta na Praza de Compostrla ata o 7 de xullo, en horario de mañá (11.00-14.00 horas) e tarde (17.00-21.00 horas).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Praza de Compostela (Alameda) de Vigo acolle desde este mércores e ata o 7 de xullo unha nova edición da Feira do Libro, que foi inaugurada nun acto con presenza do alcalde, Abel Caballero; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; ou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, entre outras autoridades. Esta feira, a sétima do circuíto de feiras do libro promovido pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia, conta con máis de 200 actividades programadas para os próximos días: talleres, concertos, firmas de libros, charlas, teatro ou contacontos.

Anxo M. Lorenzo puxo en valor a programación “diversa e para todos os públicos” desta cita cultural e destacou tamén o apoio do goberno galego ao sector do libro. Segundo subliñou, a Xunta ha inertido máis de 4,2 millóns de euros nos últimos anos no ámbito da creación literaria. Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor o traballo dos libreiros e libreiras, e tivo palabras de recordo para o escritor Domingo Villar. Así mesmo, reivindicou a importancia do libro como ferramenta esencial para o progreso da humanidade. “O libro foi a gran revolución da historia da humanidade. Grazas a el, a nosa memoria deixou de ser algo subxectivo para quedar plasmada e transmitirse ao longo dos séculos”, proclamou. A Feira do Libro de Vigo, con 26 casetas, estará aberta na Praza de Compostrla ata o 7 de xullo, en horario de mañá (11.00-14.00 horas) e tarde (17.00-21.00 horas).

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...