InicioPolíticaAlfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta agradece a confianza no sistema público e lembra que o novo modelo de concerto con Ribera Saúde paga por tratamento e non por cartilla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa adscrición do Hospital Povisa ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O mandatario autonómico aproveitou estes datos para agradecer publicamente “a confianza na sanidade pública” por parte da cidadanía.

Cuestionado na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu equipo de goberno sobre se a Xunta vai repensar o concerto económico que mantén co centro hospitalario privado, Rueda remarcou que esas case 8.000 persoas “decidiron libremente pasar” dun centro a outro, mentres que unha gran maioría de máis de 100.000 usuarios permanecen integrados no hospital concertado.

“A obrigación da Xunta, unha vez aberta esta posibilidade, é que aquelas persoas que decidan ser atendidas pola sanidade pública no Cunqueiro poidan facelo adecuadamente”, subliñou o xefe do Executivo galego, antes de lembrar que todos os anos se abre un prazo no que a poboación da área de referencia pode elixir pasar dun sistema a outro.

En todo caso, o presidente insistiu en valorar a confianza depositada no Álvaro Cunqueiro e puxo en valor o recente cambio de sistema orzamentario co que se rexe a relación con Povisa. Segundo detallou, a diferenza do modelo anterior, no que “pagábase por paciente atendido, agora págase por tratamento realizado”. Así, asegurou que a Administración autonómica velará para que as persoas que permanezan en Povisa “reciban a atención adecuada”, co mesmo grao de esixencia que se lle aplica aos que optan pola sanidade de xestión directa.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...