InicioSociedadeA Xunta suprime a única oficina de rexistro propio de Augas de...

A Xunta suprime a única oficina de rexistro propio de Augas de Galicia en Vigo para racionalizar recursos

A Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático enmarca o peche do punto de López de Neira na implantación da administración electrónica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde pola que se suprime a Oficina do Rexistro de Augas de Galicia na rúa López de Neira, en Vigo, pola necesidade de “optimización” dos recursos públicos. Así, a resolución establece que o director de Augas de Galicia solicitou o pasado mes de abril a supresión desta oficina, e a Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía informou positivamente.

“Tendo en conta a necesidade de optimización dos recursos públicos e o principio de eficacia que rexen a actuación da Xunta considérase conveniente a supresión da Oficina do Rexistro de Augas de Galicia (Zona Sur), sita na rúa López de Neira”, sinala a resolución, que entra en vigor este mesmo luns.

Fontes da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático explicaron que a oficina de López de Neira funcionaba como rexistro auxiliar de Augas de Galicia na zona hidrográfica Galicia-Sur e que a supresión “se enmarca no proceso de racionalización das oficinas de rexistro” deste organismo autonómico, “en paralelo á implantación da administración electrónica e á existencia da rede xeral de oficinas de asistencia en materia de rexistros da Xunta”.

De feito, este punto era o único rexistro auxiliar propio que mantiña Augas de Galicia e, incidiron desde a administración autonómica, a supresión non impide a presentación de documentación dirixida á entidade, posto que pode realizarse en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistros. Na cidade olívica o punto presencial de referencia máis próximo é a oficina de rexistro da delegación territorial da Xunta, na rúa Areal. “A medida, por tanto, non afecta á tramitación ordinaria dos expedientes de Augas de Galicia correspondentes á zona hidrográfica Galicia-Sur, senón que unicamente é a supresión dun punto auxiliar de rexistro”, incidiron desde o departamento autonómico.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...