InicioSociedadeA oposición de Vigo carga contra a zona de baixas emisións e...

A oposición de Vigo carga contra a zona de baixas emisións e acusa ao alcalde de “mentir” sobre as multas

O PP esixe desculpas ao rexedor pola nova normativa mentres o BNG reclama alternativas no transporte público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo acusou ao alcalde, Abel Caballero, de “mentir” sobre a zona de baixas emisións da cidade, unha vez se confirmou que si haberá multas para os condutores que accedan sen permiso ás áreas protexidas, mentres que o BNG reclamou que se aposte por un reforzo do transporte público e non por un réxime sancionador. Nun comunicado, os populares esixiron ao rexedor que “pida desculpas” á cidadanía pola natureza da ordenanza aprobada este luns, que inclúe sancións.

“Caballero recorreu a un eufemismo, dicindo que non se multará de inicio pero iso é o mesmo que admitir que se acabará multando”, sinalou a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez. “Confírmase que o alcalde faltaba á verdade cando aseguraba que as áreas de baixas emisións en Vigo non terían un carácter sancionador e que, en caso de haber multas, non se implantarían ata dentro de 20 anos. Asegurouno recentemente e sen rubor algún. Só hai que repasar a hemeroteca”, engadiu.

Luisa Sánchez solicitou que se apuren “todos os prazos legais para atrasar ao máximo a entrada do réxime sancionador ao tempo que se amplíen tamén todo o posible as exencións dos vehículos afectados”.

Na mesma liña falou o portavoz do BNG local, Xabier Pérez Igrexas, quen reclamou a Abel Caballero que “desista” das restricións con multas e que reforce o transporte público da cidade. O nacionalista reivindicou “alternativas reais” ao uso de coche particular en lugar de “prohibicións, sancións e caros sistemas de videovixilancia”.

Pérez Igrexas denunciou “anos de opacidade” durante a tramitación da ordenanza, que saíu á luz este luns. “Por que insistir en aplicar un modelo fracasado, inxusto socialmente e que non reduce as emisións, senón que o único que fai é desprazar algúns tráficos a outras rúas?”, preguntouse o portavoz nacionalista.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...