InicioEconomíaA viguesa Profand compra o Grupo Unión Martín para reforzar o seu...

A viguesa Profand compra o Grupo Unión Martín para reforzar o seu negocio industrial en Canarias

A operadora pesqueira viguesa, provedora de Mercadona, acorda con Alantra Private Equity a adquisición da compañía canaria e da valenciana Silomar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa pesqueira viguesa Profand, provedor galego de Mercadona, alcanzou un acordo con Alantra Private Equity e os demais accionistas para a compra do canario Grupo Unión Martín. Segundo informa a compañía galega nun comunicado, a operación, pendente de cumprimento de determinadas condicións, “enmárcase dentro da estratexia de Profand de consolidar o seu negocio no ámbito do peixe e impulsar a súa industrialización en Canarias“.

Grupo Unión Martín é un operador especializado na captura, procesado e comercialización de produtos do mar, con sede nas Palmas de Gran Canaria. Esta operación inclúe a actividade tanto do Grupo Unión Martín nas Palmas como a de Silomar en Valencia, esta última adquirida por Unión Martín no ano 2022 e que conta cunha planta de procesado e cámaras frigoríficas cunha superficie total de 19.000 metros cadrados.

ESTRATEXIA DE CRECEMENTO E INDUSTRIALIZACIÓN

Con esta compra, Profand reforza a súa presenza tanto na península como no arquipélago e avanza no seu obxectivo de seguir desenvolvendo un proxecto industrial sólido e con vocación de longo prazo no mercado canario. O conselleiro delegado de Profand, Enrique García Chillón, destacou que “esta operación responde á vontade da compañía de seguir crecendo de forma ordenada, reforzando a súa capacidade industrial e a súa presenza en mercados estratéxicos como Canarias”.

García Chillón engadiu que a incorporación de Unión Martín encaixa plenamente na súa folla de ruta e permítelles seguir construíndo un proxecto de referencia no negocio do peixe, cunha clara aposta polo investimento e a xeración de valor a longo prazo.

ÚLTIMAS

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas...

Prisión para dous dos cinco detidos tras desmantelar tres “narcopisos” en Vigo

O maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e...

Cinco detidos e rexistros en tres ‘narcopisos’ nunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo

A Policía Nacional informou de que axentes pertencentes á Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela...