InicioSociedadeCondenados a prisión tres homes por estafar máis de 15.000 euros nunha...

Condenados a prisión tres homes por estafar máis de 15.000 euros nunha reforma en Vigo

A Audiencia Provincial considera probado que os acusados non tiñan intención de cumprir o contrato nin de devolver o adianto recibido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a un ano e nove meses de prisión a tres homes por estafar a outro individuo na execución dunha reforma no seu piso na cidade olívica. Segundo os feitos probados recollidos na sentenza, os investigados pactaron uns traballos coa vítima, que lles entregou un total de 15.700 euros como adianto por unha obra valorada inicialmente en máis de 38.000 euros.

A pesar de recibir o pagamento, os agora condenados non chegaron nin a executar os traballos mínimos de demolición no inmoble. Por este motivo, a Audiencia considera probado que os acusados non tiñan “intención real de cumprir co contrato nin de devolver as cantidades percibidas”, actuando con ánimo de lucro ilícito desde o inicio da relación contractual.

Desta maneira, o tribunal condena aos tres implicados a un ano e nove meses de cárcere, así como a indemnizar á vítima coa totalidade do diñeiro cobrado indebidamente. Na resolución xudicial, a sala aprecia a atenuante de ludopatía nun dos investigados, o que influíu na fixación da súa pena. Con todo, a sentenza non é firme, xa que cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...