InicioPolíticaO BNG propón impulsar comunidades enerxéticas locais para producir e consumir enerxía...

O BNG propón impulsar comunidades enerxéticas locais para producir e consumir enerxía renovable

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo que o Concello cree unha oficina municipal de enerxía co obxectivo de impulsar comunidades enerxéticas locais na cidade para que veciños produzan e consuman a súa propia enerxía renovable. Nun comunicado, o Bloque reivindicou medidas ante a “pobreza enerxética” que afecta a miles de familias en Vigo, “onde un de cada cinco fogares ten dificultades para manter a súa vivenda quente no inverno”.

Respecto diso, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, defendeu “devolver aos vigueses o control deste recurso básico” fronte á “dependencia actual de grandes compañías eléctricas que deciden prezos e condicións sen participación da cidadanía para seguir alimentando os seus lucros millonarios”. Así, subliñou que estas comunidades locais permitirían que veciños, colectivos e pequenas empresas, co apoio das administracións públicas, se organizaran para producir e consumir enerxía renovable con instalacións compartidas en cubertas de edificios públicos e privados. “Reduciría custos, garantiría a estabilidade fronte ás subidas de prezos e promovería a solidariedad e a sosteniilidad nos barrios”, apuntou Igrexas.

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...