InicioEconomíaA CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

O sindicato cualifica de "exemplo estrutural" o fallo xudicial que obriga á mutualidade a pagar 31.100 euros por unha cirurxía oncolóxica denegada en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para pór “obstáculos administrativos nos procesos complexos e custosos” mentres as entidades privadas se centran nos casos máis rendibles. A central nacionalista basea esta crítica na recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que deu a razón a finais de outubro a un mutualista ao que Muface lle denegara a asistencia nunha intervención oncolóxica en Vigo. O tribunal recoñeceu o dereito do paciente a que a Administración lle abone os 31.100 euros que tivo que custear polo seu tratamento.

Segundo a CIG, este caso é unha proba clara de como funciona o sistema de sanidade concertada, que “traslada o risco económico aos pacientes cando o tratamento resulta caro”. O sindicato afirma que Muface actuou como unha “correa de transmisión dos intereses da aseguradora”, negándose a asumir o custo da operación co único obxectivo de aforrar gastos. Para a central, esta resolución deixa en evidencia as carencias estruturais dun modelo baseado na externalización cara a entidades privadas cuxo fin principal non é a garantía de dereitos, senón a maximización de beneficios.

CISTECTOMÍA RADICAL CON ROBÓTICA

O procedemento obxecto do conflito foi unha cistectomía radical realizada con cirurxía robótica, unha técnica complexa e custosa. A CIG denuncia que Muface avalou unha interpretación “restritiva e interesada” do concerto sanitario para evitar o pago. O fallo xudicial, segundo subliña o sindicato, desmonta o argumento habitual das aseguradoras privadas de cubrir unicamente o que aparece listado de xeito literal nos concertos, ignorando que moitas destas técnicas xa están plenamente implantadas e normalizadas no sistema público de saúde.

A resolución xudicial foi promovida no marco dunha acción sindical impulsada pola propia CIG para defender os dereitos dos mutualistas ante o que consideran prácticas abusivas. O sindicato nacionalista insiste en que o modelo actual pon en risco a saúde dos traballadores ao depender de criterios económicos e non clínicos, especialmente en patoloxías graves como o cancro, onde a rapidez e o acceso á mellor tecnoloxía dispoñible son vitais para a supervivencia do paciente.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...